Primeira vítima da inmigración ilegal deste ano en Canarias
La Voz de Galicia, 02-01-2007(Lugar: efe | Las palmas)
Un inmigrante morreu onte en Gran Canaria tras chegar á illa a bordo dun caiuco no que viaxaban outros 83 pasaxeiros, algúns dos cales tiveron que ser trasladados a centros sanitarios con hipotermia.
Según declararon algúns dos superviventes, outros dous corpos foron tirados pola borda antes de chegar ao seu destino.
Deste xeito, o inicio do ano 2007 segue a estela tráxica do 2006, no que máis de catrocentos inmigrantes (ao menos 467) perderon a vida mentres intentaban acadar as costas españolas a bordo de pateras ou caiucos, a maioría no traxecto dende África ás illas Canarias.
Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)
(Puede haber caducado)