Jon Lee Anderson, reporteiro de «The New Yorker», falará de informar sobre os conflitos
La Voz de Galicia, 12-12-2006O Club Internacional de Prensa inaugura hoxe ás 10.30 horas as súas xornadas de comunicación que, nesta ocasión, versan sobre a emigración e a inmigración. As charlas, que se desenrolarán durante tres días, terán lugar na Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia na santiaguesa Carreira do Conde.
Unha figura destacada entre os invitados é o xornalista estadounidense Jon Lee Anderson, quen clausurará este ano as xornadas cunha charla o xoves ás 19.30 horas. Anderson é un reporteiro de guerra – á charla chega directamente dende Bagdad – que traballa para The New Yorker . Tamén escribiu en The New York Times, The Financial Times, The Guardian, Harper’s y Time .
Ata esta conferencia, haberá moitas charlas. Hoxe pola mañá haberá unha mesa redonda sobre cómo tratan os medios a inmigración; pola tarde, dende as catro e media, analizarase o cambio sociolóxico en Galicia, que pasou de ser terra de emigrantes a recibir inmigrantes.
Outra visión
Mañá chega a turno de debater sobre a faceta económica da emigración e de presentar alternativas á convivencia. O día rematará coa conferencia de Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, que falará Dos emigrantes ós inmigrantes: unha visión dende a prensa.
O remate chegará o xoves coa intervención do reporteiro Jon Lee Anderson, aínda que antes varios periodistas, que ademais son emigrantes e inmigrantes, falarán en primeira persoa dos retos que impón a nova realidade da globalización vista dende os medios de comunicación.
(Puede haber caducado)