O Club de Prensa inicia o seu curso cun ciclo adicado a América Latina

La Voz de Galicia, 22-09-2006

O Club Internacional de Prensa, que pertence á Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, vai organizar unha serie de ciclos de conferencias para este outono. O primeiro en participar será o escritor uruguaio Eduardo Galeano, que inaugurará o ciclo América, cada vez máis latina o 4 de outubro no aula sociocultural de Caixa Galicia en Santiago, e que leva por título Os outros sete pecados capitais .


O seguinte invitado será o escritor cubano e agregado cultural da embaixada de Cuba en España, Luis Toledo Sande, quen se cuestionará o propio título do ciclo: A nosa América, ¿cada vez máis latina? , e será o 20 de outubro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

En novembro, José Antonio Marina falará de relixión e o seu uso por parte das sociedades, e antes haberá unhas xornadas de integración tituladas Aquí collemos tod@s.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)