Paula Alonso, joven trans de 24 años: «Máis do 50 % do colectivo temos sufrido algún tipo de acoso»
Esta lucense afincada en Oleiros, estudiante de Integración Social y miembro de la asociación Arelas, anima a asistir a la manifestación del 29 de marzo que habrá en Compostela
La Voz de Galicia, , 02-03-2026Paula Alonso Cordero será una de las personas que participará el 29 de marzo en la manifestación por la visibilidad trans convocada en Galicia, convencida de que sigue habiendo muchos motivos para alzar la voz. Ella nació en Barcelona y se crio desde los 2 años en Bretoña, A Pastoriza (Lugo). Hija de una dominicana, es una persona trans racializada y eso no se lo puso fácil en el colegio: «Estudei nun colexio moi pequeno. Eramos uns 30 nenos en total e sempre me sentín diferente aos demais, non só por ser unha rapaza racializada senón porque sempre tirei moito cara as cousas que consideramos femininas. Xa dende pequeniña quería verme de maior como unha muller, ainda que non sabía como, e parecíame algo imposible. Tiña claro que me podían atraer os rapaces, pero non que era posible cambiar o meu xénero para ser quen realmente sentía que era, polo descoñecemento que había entón do colectivo trans, e fun deixando ese pensamento de lado ata que chegou a adolescencia».
«Cuns 14 ou 15 anos volveu es inquietude. Non me atopaba a gusto comigo e con como se referían a min á xente. Había moito bulo, desinformación, e tiña medo a dar ese paso. Fun pouco a pouco: díxenlle ás amigas que podían tratarme igual en masculino como en feminino, porque me sentía igual de cómoda, e fun xogando coa miña imaxe, cambiando a forma de vestir, deixando o pelo longo… Cando vin á Coruña a estudar Perruquería e cheguei a unha cidade nova, onde ves máis variedade ca nun pobo coma no meu e non te sentes tan xulgada, animeime a dar o paso. Cheguei con 17 anos e o día que fixen os 18 decidín contalo abertamente. Crieime como filla única e os meus pais levárono moi ben. Ao principio, con certo medo e preocupación por min, pero a súa felicidade sempre foi verme a min feliz e apoiáronme en todo», relata Paula. Hace seis años de aquello y la pandemia fue para ella una época de liberación.
¿Qué cambió? «Houbo un cambio moi drástico en como me trataba a xente. Vinme cuestionada e na obriga de ter que dar explicacións sobre cousas que pertencen ao meu ámbito privado, explicacións que non tería que dar de non ser trans; e, a miúdo, a xente dá por feito cousas que non son en canto á hormonación, operacións… É un pouco frustrante», responde la joven de 24 años, vecina de Oleiros y miembro de la Asociación Xuvenil Arelas. «A min axudáronme moitísimo co papeleo para o cambio de nome. Empecei en agosto do ano pasado e déronmo en outubro, porque coincidiu coas vacacións do verán», recuerda con la voz alegre de una batalla ganada.
Sin embargo, lamenta la lucense, quedan muchos otros obstáculos por superar: «Na sanidade hai unhas listas moi longas de espera, tanto para operarte como para pedir bloqueadores de testosterona e estróxenos. Eu pedín as hormonas en decembro do 2023 e non mas deron ata marzo do 2025, por exemplo, e tiven que superar un cuestionario psiquiátrico no que se che pregunta desde se tes problemas co alcohol ata se sufriches abusos familiares. Ao marxe diso, máis do 50 % do colectivo trans temos sufrido algún tipo de acoso. No meu caso persoal nunca sufrín violencia física, pero si tes que soportar miradas pola rúa, ameazas en redes sociais nas que se mestura a condición trans e o racismo, e no ámbito laboral tiven faltas de respecto».
Paula recuerda que el año pasado asistió por primera vez a la manifestación del 29 de marzo en Santiago y fue para ella «moi emocionante, no sentido no que no que te xuntas cun grupo no que non te sentes xulgada, todo o mundo che acepta tal como es e non tes que dar explicacións de nada, que é algo fastidoso no día a día». Por todo ello, esta mediadora comunicativa que estudia Integración Social a distancia, anima a asistir a la mobilización del próximo mes.
(Puede haber caducado)