Fin a un novo curso da UDC sobre dinamización da lingua, co foco posto este ano na integración dos inmigrantes
Polo Fórum pasaron profesores de universidade, docentes de ensino secundario, técnicas municipais de normalización e outros expertos
La Voz de Galicia, , 17-07-2025Concluíu en Carballo unha nova edición, a décimo oitava, do curso de verán sobre dinamización lingüística que promove a Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo e da Secretaría Xeral da Lingua. Ao longo destas dúas últimas xornadas, polo Fórum pasaron profesores de universidade, docentes de ensino secundario, técnicas municipais de normalización e outros expertos que abordaron cuestións relacionadas coa integración dos inmigrantes a través da lingua, o tema elixido para este ano.
Inauguración da primeira xornada, coa vicerreitora, o alcalde e o secretario xeral da Lingua
A integración dos inmigrantes: unha vía máis para normalizar a lingua galega
Marta López
O martes, logo dunha conferencia inaugural sobre as linguas minorizadas e a escolarización, tivo lugar unha mesa redonda sobre iniciativas de Administracións Locais para o acollemento lingüístico da poboación migrante, e outra máis sobre a necesidade de manter vivo o idioma a través da fala. Dinámicas de participación e traballo en grupo coas persoas anotadas nas xornadas, así como máis faladoiros sobre iniciativas de aproximación ao galego ou sobre o papel da comunidade acolledora na transmisión da lingua, completaron a programación nesta nova edición.
(Puede haber caducado)