Guerrilla presenta en Pontevedra o documental «Bidasoa: 2018-2023», de Fermín Muguruza

O audiovisual porá broche ao festival pontevedrés

La Voz de Galicia, L. PENIDE, 10-10-2023

Con entrada gratuíta ata completar o aforo, o Teatro Principal de Pontevedra despide este domingo o festival Guerrilla coa proxección do documental Bidasoa: 2018-2023, de Fermín Muguruza. Trátase, segundo a organización deste certame que alcanzou a súa terceira edición, dun traballo audiovisual deste director de cine, músico e produtor, «unha das figuras máis influentes e carismáticas do panorama musical vasco».

Bidasoa: 2018-2023 «narra o peche dalgúns pasos da fronteira pirenaica-atlántica natural do Bidasoa, imposto por Francia no verán de 2018 para evitar a entrada de migrantes en tránsito cara o resto de países, provocou dez mortes nun ano». O documental, deste xeito, «ademais de dar voz e poñer rostro a varias das activistas dun e outro lado do río tamén lembra aqueles que perderon a súa vida, pondo nome, idade, travesía e soños, coñecendo a historia e as persoas que se agochan tras as frías cifras de falecidos», destacaron dende Guerrilla.

En Pontevedra estarán as protagonistas do documental, Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell, que poñen «voz ás historias afogadas nas augas do río Bidasoa entre Irun e Hendaia polo esforzo policial en evitar a entrada dos inmigrantes en tránsito cara o resto de países europeos».

Se trata de «un acontecemento real que viviu a frontera pirenaico-atlántica natural do Bidasoa no verán do 2018».

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)