«Cinco mil migrantes y un bebé muerto: hemos construido un mundo de pena»
La Voz de Galicia, , 15-09-2023El bebé de Lampedusa
Más de cinco mil migrantes han llegado a la isla italiana de Lampedusa en un solo día. ¡Qué tristeza ver su desesperación y leer que un bebé ha muerto! Hemos construido un mundo de pena. Se cierran las fronteras pero se hace muy poco por ayudar en sus países, con trabajo y educación, a millones de africanos que, en su desesperación, no tienen más alternativa que llegar como sea a Europa. No solo habría que crear trabajo en sus países, sino también formarlos e instruirlos para que no tengan más de dos o tres hijos. Julia Corzo Sierra. A Coruña.
Absentismo no claustro da UDC
Indignábase o outro día o profesor Javier Cudeiro polo absentismo dos membros no último claustro da Universidade da Coruña. Este reproche pode estar xustificado, pero tampouco estaría de máis preguntarnos cales poden ser as causas.
O primeiro que poderiamos pensar é que este mandato rematou e a aprobación ou reprobación da xestión é irrelevante, polo que os membros ausentes non viron necesaria a súa asistencia, pero entendo que non debe ser agradable para ninguén ver tantos asentos baleiros no teu último claustro como reitor.
Pero tamén podería pensarse, se as contas non fallan, que 221 membros do claustro da Universidade da Coruña non apoiaron a xestión do reitor, e fixérono en forma de ausencia. Ou tamén poderiamos pensar que isto é o resultado dunha forma de gobernar que non gustou a unha parte moi importante do colectivo e agora, ao final do seu mandato, poden expresar ese descontento sen temor a que opinións ou posturas opostas ás plantexadas polo equipo de goberno puidesen ocasionarlle problemas.
A estas alturas, todos están a esperar a ser convocados a reunións, cafés informais, comidas de amigos e compañeiros ou grupos nos corredores para poder situarse ante as próximas eleccións a reitor. Ou ben apoiar o candidato oficial xa presentado en sociedade e a todo prognóstico ser elixido como novo reitor, e agardar a que este teña unha auténtica capacidade de diálogo e un compromiso verdadeiro pola participación efectiva nos órganos colexiados; ben que alguén dea un paso adiante e se presente ás eleccións. De non ser así, a imaxe desta universidade ante a sociedade estará máis que cuestionada. Outra cousa sería poder opinar de como chegamos a esta situación, pero iso a día de hoxe é imposible. Domingo Abelleira Bouza. Maniños (Fene).
(Puede haber caducado)