O Museo do Pobo acolle unha experiencia inmersiva sobre as persoas migrantes

Estará na zona do claustro de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas

La Voz de Galicia, , 07-09-2023

De 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas • Zona do claustro do Museo do Pobo • O Museo do Pobo acolle hoxe a experiencia inmersiva «Cambiar de pel», que ten como obxectivo achegar, a través da tecnoloxía, a realidade e as vivencias de varias persoas migrantes vinculadas á oenegué Ecos do Sur.

A iniciativa forma parte de Compostela máis Solidaria. A inmersión sensorial, explican, conséguese grazas ao uso de gafas de realidade virtual e a asistencia dunha ou varias persoas que acompañan o proceso, ampliando a experiencia. A idade recomendada para participar nas sesións, que duran poucos minutos, é como mínimo de doce anos.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)