Ferrol

O ciclo de cine do Pazo remata con «Distrito 9»

Esta tarde proxéctase o último título do ciclo programado polo concello de Narón

La Voz de Galicia, La Voz, 19-10-2022

última das tres proxeccións do ciclo de cine «Ciencia ficción para axitar conciencias», organizado polo Concello e o Cineclube Serie B que comezou o pasado día 28 de setembro, terá lugar esta tarde no Pazo da Cultura. As persoas que o desexen poderán ver, ás 20.00 horas, o filme Distrito 9, do director norteamericano Neill Blomkamp. Durante a película abórdanse asuntos á orde do día, tales como o racismo, a segregación e os prexuízos cara outras persoas, a manipulación dos medios de comunicación e o poder das grandes corporacións.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)