Persoas migrantes de Brasil crean unha asociación en Negreira

O Concello cederá un local a Assis Unión, que preside Alessandra Moreira

La Voz de Galicia, Emilio Forján, 19-08-2022

Ocolectivo de migrantes de Brasil, o que máis medrou nos últimos anos en Negreira, creou a agrupación Assis Unión. Unha organización sen ánimo de lucro que pretende «aportar apoio para os migrantes na integración na sociedade de Negreira, a través de prestar apoio psicolóxico, xurídico, coñecemento da cultura galega, ou mesmo participar dun intercambio cultural para lograr unha maior integración en Negreira», dixo na presentación a presidenta Alessandra Moreira.

O secretario, Bruno da Silva, engadiu que farán obradoiros e charlas para axudar con apoio escolar, clases de reforzo aos recén chegados e información sobre recursos existentes, dende como solicitar a tarxeta sanitaria, a convalidación de estudos ou busca de emprego. O colectivo conta co apoio da Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, e o Concello de Negreira cederalles un local.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)