TVG estrea esta mañá un magacine sobre emigrantes e inmigrantes

La Voz de Galicia, 20-06-2006

A Televisión de Galicia estrea esta mañá, ás 8.25 horas, o magacine Cadernos do aire , un programa semanal de corenta minutos que ofrece unha visión ampla da emigración, reflectida dende os tres puntos máis habituais da Galicia actual: os emigrantes, os retornados e os inmigrantes, que cada vez supoñen un número máis importante de novos galegos.

>
Presentado por Raquel Fernández e dirixido por Francisco Rodil, Cadernos do aire mostra unha Galicia real, moderna de hoxe en día, cos problemas que uns e outros teñen neste espazo en constante evolución pero que aínda conserva moitas teimas do pasado. Cadernos do aire ofrece aspectos prácticos da vida destas persoas, como as normativas ou iniciativas (decretos, cursos, axudas, viaxes, bolsas educativas…) que lles afectan; reportaxes sobre a pegada dos indianos nos seus concellos de orixe e unha serie de percorridos turísticos pola comunidade para mostrar a Galicia máis descoñecida e interesante.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)