Iconos totalitarios

La Voz de Galicia, EDUARDO FRA MOLINERO FERROL , 07-10-2020

omos unha cultura de imaxes. Necesitámolas para personificar desexos, esperanzas, odios, e fobias. Esas imaxes de persoas axiña son convertidas en ídolos reverenciais. Franco era un home pouco dotado pola natureza para modelo de estatua, mais a propaganda fixo o milagre e converteuno en icono reverencial de masas. Hitler segue a ser un icono de culto. En Alemaña está prohibido pero circula dun xeito semi clandestino, semi tolerado. A esquerda totalitaria tamén fabricou iconos reverenciais: Lenin, Stalin, Mao, Che Guevara. O caso de Stalin chegou ao paradoxo da manipulación sentimental. Fabricou a estampa con lenda de tradición popular rusa: O pai Stalin. Hoxe a extrema dereita ten pasado o Atlántico e busca no Imperio un novo César. De momento non hai estampas do presidente Trump pero todo chegará. En canto os asesores midan os beneficios políticos de fabricar estampas. A imaxe de Trump resístese, de momento, para seren transformada en imaxe reverencial. Pero o que si vai tendo éxito internacional son as propostas ideolóxicas e os eslógans autoritarios que as sintetizan: «O racismo. O perigo da inmigración. O perigo chinés. O machismo. O matonismo». A penúltima é a defensa do rapaz americano armado cun aparatoso rifle e asesino de manifestantes. Propoñer a este rapaz coma un «príncipe valente» é unha proba científica para ver se funciona masivamente. Se dá positivo veremos axiña estampas do rapaz. Se non funciona, proban con outra: Trump vencendo ao virus.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)