Burela organiza cursos para estranxeiros para facilitar a súa integración

Impartirase do 23 ó 30 de marzo

La Voz de Galicia, BURELA / LA VOZ, 09-03-2020

O Concello de Burela, a través do programa de atención a inmigrantes, organiza do 23 ó 30 de marzo un curso formativo destinado a persoas estranxeiras, co obxectivo de axudalas a alcanzar un bo grao de integración.Segundo explicou a concelleira de Inmigración e Cooperación, Noelia María Ben, o curso está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, terá unha duración de 24 horas e as persoas interesadas en asistir poden solicitar información chamando ó número de teléfono 982 58 60 00.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)