«De sempre, a alumnos marroquíes preparámoslles pratos sen porco»
Tamén indica que se fan menús distintos en casos de alerxias alimentarias
La Voz de Galicia, , 14-01-2015O comedor escolar do IES de Foz amosa unha intensa actividade cada día, froito principalmente da chegada de todo o personal educativo do centro e máis dos propios alumnos. Quenes están cursando Hostalería alí teñen unha magnífica oportunidade de aprender como é ese mundo, o da restauración, a través dunhas prácticas máis que reais, con situacións que obrigan a adaptar a carta, por exemplo, no caso de estudantes de orixe marroquí ou outros que presenten intolerancias ou alerxias de tipo alimentario, como constata Xosé Ríos, profesor de Servicios no instituto focense.
- ¿Como se adaptan a esas circunstancias que se presentan?
- Por un lado temos un menú que é xenérico, pero hai outros diferentes, según o caso.
- Para a comunidade musulmana, ¿que tipo de menú se ofrece?
- En lugar de carne de porco se lles prepara outra carne como tenreira ou polo, ou peixe. Xa eles mesmos cando teñen dúbidas sobre o prato nos consultan e, a maiores, todos os días informamos se leva ou non leva porco. Así, por exemplo, cando temos alubias con chourizo, para eles facemos outras alubias con outro tipo de carne ou, cando temos caldo galego, sen carne de porco.
- ¿Dende cando se ofertan eses menús diferentes?
- Dende sempre que collimos o comedor. E non só neses casos, tamén os hai para alérxicos a peixe, marisco e lácteos, agora.
- Nese caso xa estamos a falar doutro tema importante, a saúde.
- Claro, neses casos xa é por seguridade alimentaria, na dos musulmáns pola súa crenza. Moitos dos que están facendo Hostalería se poden atopar con esas situacións e non poden ofrecer porco. As opcións vanse dar na vida real. Agora non temos ningún, pero tíñamos un alérxico ao glute, o que nos obrigaba a andar ao loro porque se houbese unha pequena contaminación se lle crearía un grave problema. De feito, sempre consultamos aos rapaces que chegan novos por se teñen alerxias ou non poden tomar certos alimentos. Todo isto nos vén ben porque a veces pode pasar. No caso dos marroquíes, tamén é unha forma máis de que nós nos integremos e entendamos a súa relixión.
- A maiores, ofertan no IES de Foz un menú que costa 10 euros. ¿A quen está dirixido?
- En principio, o comedor de carta está aberto para todo o mundo que veña invitado por alguén do IES de Foz, persoal non docente, pais de alumnos… Non se pode vir comer aquí, libremente. O da invitación é para non facer competencia aos restaurantes. É unha opción máis de practicar para os alumnos, de movemento de xénero e traballar xénero fresco, como nos permite un comedor escolar.
xosé ríos profesor de servicios en HOSTALERÍA, NO ies de foz
(Puede haber caducado)