«Recuperaremos poboación se hai de novo emprego»
La Voz de Galicia, , 13-04-2014O último dato oficial de poboación sitou a Lalín ao borde da perda de categoría ?20.048 veciños a 1 de xaneiro de 2013?, se ben o avance do 2014 sube a 20.154. O alcalde non agocha que é un problema real:
- Para nós é importante manter a categoría, porque a Lei de Sostibilidade considera maiores de idade só aos concellos de máis de 20.000 habitantes. Dende hai 15 anos, a evolución demográfica natural é que por cada nacemento en Lalín houbo dous falecementos. Antes da crise, tiñamos moitos inmigrantes que viñeron traballar aquí, con bastante familia, e estivemos perto dos 22.000 habitantes. Como tiñan traballos máis en precario, foron dos primeiros en quedar sen el e tiveron que marchar, por iso baixamos case 2.000. Segundo o INE temos máis de 4.000 persoas que traballan aquí e non están empadronadas ?son datos del 2011?. Podemos empadronar a máis xente, pero se non é por un crecemento económico importante que cree emprego que permita recuperar poboación, imos ter moi difícil manter a categoría, porque os datos están aí.
Más información
Selección realizada automáticamente
(Puede haber caducado)