O Concello carballés volverá a ensinar galego aos inmigrantes
La Voz de Galicia, , 16-01-2014O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo volverá a organizar este ano un obradoiro de integración pensado para que os inmigrantes da localidade teñan un primeiro contacto formativo coa lingua e a cultura galegas. A actividade desenvolverase do 11 de febreiro ao 3 de abril e incluirá actividades escritas e orais en torno ao idioma galego, a súa literatura, a prensa ou a xeografía.
As sesións serán os martes e os xoves (de 17.30 a 19.30) no Pazo a Cultura e a inscrición (aberta nesas dependencias e a través do teléfono 981 704 304 ata o 4 de febreiro) será gratuíta. O Concello vén desenvolvendo obradoiros neste eido desde o ano 2005 cunha moi boa acollida.
Más información
Selección realizada automáticamente
Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)
(Puede haber caducado)