«Os retornados empezan a abandonar Galicia ao non atopar o que esperaban»

La Voz de Galicia, C. P., 08-08-2010

entrevista | miguel fernández | Voceiro do Foro Galego da Inmigración

Galicia ten na inmigración unha das súas táboas de salvación á que agarrarse para tratar de frear o seu declive demográfico. O Foro Galego da Inmigración así o defende, aínda que é consciente de que Galicia non é atractiva economicamente para captar residentes, e menos mentres dure a recesión.

- ¿Sorpréndelle que se teña recuperado nun só ano a dinámica de exportar máis man de obra ao resto de España que a que se capta?

- Cada vez hai menos emigrantes que retornan, detívose a chegada de estranxeiros e os galegos volven marchar ao resto de España á procura de traballo. Ese é o proceso que está instalado en Galicia e só no ano pasado, a causa de crise, mudou, ao producirse un repunte nos retornos e unha caída nas marchas pola falta de traballo tamén fóra.

- ¿Galicia está a empezar a non resultar atractiva entón para os propios emigrantes galegos para o seu retorno?

- Houbo ese repunte recente, pero de novo na xente que chega xa non xorde a intención de quedar. Os inmigrantes están a marchar e os emigrantes retornados empezando a abandonar Galicia tamén para volver ao país que os acolleu despois de non atopar o que esperaban.

- ¿Qué esperaban, traballo?

- Fundamentalmente si. Pero á maioría resultoulles moi difícil por idade e formación laboral atopar un posto aquí. Moitos foron tirando con prestacións estatais e autonómicas durante 18 ou 24 meses, pero non lles deu para máis.

- ¿Están tendo pois problemas de adaptación na súa terra?

- Séntense estranxeiros ala e aquí, se ven como galegos de segunda categoría e moitas veces tampouco as relacións coa familia lles saíu como agardaban.

- ¿Qué plantexamento respecto á inmigración e aos retornados cre que debe adoptar a comisión do Parlamento galego que acaba de empezar a estudar medidas contra a crise demográfica de Galicia?

- Ou se atopan vías para a creación de traballo ou a inmigración non apostará por Galicia. Non se perciben oportunidades e iso se transmite fora polos que voltan os seus países ou polos retornados que volven marchar. Hai que prepararse para cando remate a crise.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)