«Hai xente que ten medo a que a ultradereita siga crecendo se segue a estar na oposición»

La Voz de Galicia, Juan Oliver | Corresponsal, 05-03-2010

entrevista | Ramón SMITS | Concelleiro en Amersfoort, orixinario de Carballo

Ramón Smits Álvarez converteuse en 1999 no concelleiro máis novo dos Países Baixos ao gañar un acta polo Partido do Traballo (PvdA) no Concello de Amersfoort, unha localidade de 140.000 habitantes, a 75 kilómetros ao sureste de Amsterdam. Alí emigrou a súa nai desde Carballo (A Coruña), a onde él regresa os veráns coa súa muller e o seu fillo. Ramón deixou o concello hai uns anos, pero decidiu volver presentarse as elección e onte recuperou o posto. Ten mérito, porque o sistema electoral holandés é de listas abertas e permite apoiar a un candidato con independencia do seu número na lista. Ramón ía de dez co PvdA, e foi o cuarto máis votado dos seis laboristas elixidos. En Amersfoort, onde gobernaban desde 1946, as eleccións as gañou sen maioría absoluta unha lista local.

- ¿Como explica vostede o auxe da ultradereita nos Países Baixos?

- Pym Fortuyn [o político ultracatólico asasinado no 2002] escribiu en Unha sociedade orfa que a xente estaba a quedar sen referencias porque a sociedade xa non tiña a estrutura de hai corenta anos. Pero non creo que sexa así. O holandés que hoxe vota ultradereita mañá pode votar socialista. É un electorado móbil, e a iso engádese o sistema proporcional que impide consolidar grandes partidos.

- ¿ Gañará Balkenende as eleccións xerais?

- É difícil. Escachou catro Gobernos en oito anos, unha italianización que aquí non gusta moito.

- ¿E si Balkenende decide pactar con Wilders?

- O risco existe. Xa non pode facelo cos laboristas porque rompeu o Goberno cando o PvdA negoulle apoio á prórroga da misión en Afganistán. Quedan os liberais, a lista D66 [radicais] e Wilders. E hai moita xente que ten medo a que a ultradereita siga crecendo se segue a estar na oposición.

- ¿Que lle parece Wilders?

- É astuto. Cando él estaba cos liberais coincidimos nunha cena e vin como sabe venderse. Aprendeu moito do que lle pasou a Fortuyn, a controlar máis a situación. Pero non deixa de ser un ditador. O seu partido non existe como tal porque solo ten dous membros: él e unha organización presidida por él.

- ¿De verdade existe nos Países Baixos tanto odio ao inmigrante musulmán?

- Non, só nos pobos pequenos, onde non hai inmigración e si moito medo infundado. Aí é onde Wilders obtén máis votos.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)