a pie de calle

«A escola é o servizo mellor valorado polos colectivos inmigrantes»

mar lorenzo Directora dunha investigación galardoada

La Voz de Galicia, C. P. , 30-12-2008

A profesora da Facultade de Ciencias da Educación Mar Lorenzo é a directora dunha investigación que ven de recibir o Premio Nacional á Investigación Educativa, outorgado polo Ministerio de Educación ao traballo Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración , realizado polo grupo Esculca, un equipo integrado por seis profesores máis da USC e que coordina Miguel A. Santos Rego.

-¿A escola é o mellor barómetro da integración dos inmigrantes?

-Si, é a mellor medida, e tratábase de ver ata que punto a integración escolar dos nenos ía favorecer a das familias a nivel social. A conclusión foi que a escola constitúe un ámbito privilexiado para conseguilo.

-¿Inflúe o país de orixe familiar?

-O principal problema para o estudo é que estudamos un colectivo moi heteroxéneo, con variables complexas como as dificultades das familias árabes coa lingua. Cos colectivos suramericanos ese atranco non existe, pero teñen outros como o menor nivel educativo dos pais, máis problemas de tipo laboral ou de reagrupación familiar.

-¿Que representa este premio?

-O máis importante é o recoñecemento que supón para os investigadores, e de maneira especial para os centros de ensino que participaron na experiencias, catro institutos e seis centros de infantil e primaria, sen os que non poderíamos desenvolver o traballo e que se implicaron moito.

Texto en la fuente original
(Puede haber caducado)